Turquía celebrará unha segunda volta das presidenciais

1 minutes read

A Comisión Electoral deste país confirmou, oficialmente, a necesidade de acudir de novo aos comicios para elixir presidente, despois de que ningún dos candidatos superase este domingo o limiar do 50% necesario para saír vitorioso en primeira rolda. O reconto está practicamente finalizado.

Trátase da primeira vez que Recep Tayyip Erdogan non logra a maioría na primeira votación dunhas presidenciais. O líder do AKP quedou a escasas 5 décimo do ansiado 50%, mentres que o socialdemócrata Kemal Kiliçdaroglu, que conta co apoio dunha ampla e fráxil coalición de partidos, sumou finalmente o 45% do apoio popular.

A votación final terá lugar o próximo 28 de maio, con Kiliçdaroglu e Erdogan como únicos candidatos, e con este ultimo optando a sumar outros cinco anos á fronte de Turquía, tras dúas décadas de liderado incontestable. As enquisas previas ás eleccións presentaban ao líder do CHP como favorito, pero o eterno presidente volveu a demostrar que non está, nin moito menos, acabado.

Estás seguro de que quieres desbloquear este artículo?
Desbloquear izquierda : 0
Estás seguro de que quieres cancelar la suscripción?