Turquía expulsa a dez embaixadores, a maioría europeos

O presidente turco, Recep Tayyip Erdogan, anunciou a medida polas críticas que emitiron a semana pasada contra o prolongado encarceramento en prisión preventiva do empresario e activista de dereitos humanos Osman Kavala. Os embaixadores de Alemaña, Dinamarca, Francia, Finlandia, Países Baixos, Suecia, Noruega, Nova Zelandia, Canadá e Estados Unidos asinaron un comunicado no que dubidaban do respecto á democracia polos atrasos no xuízo ao activista. Os asinantes «cren que unha resolución xusta e rápida deste caso debe axustarse ás obrigacións internacionais de Turquía e as súas leis nacionais», agregaba o texto, pedindo «a urxente posta en liberdade» de Kavala, acorde ás sentenzas do Tribunal Europeo de Dereitos Humanos.

Related posts

O Punto Rojo ponse en marcha en Baio con descontos, premios, moita actividade nas rúas e unha ruta de tapas

Rosa Otero recoñecida como Filla Adoptiva da Coruña

Aberto o prazo de inscrición no programa de voluntariado xuvenil da Laracha