Turquía levanta o seu veto ao ingreso de Suecia na OTAN

1 minutes read

Turquía levantou este luns o seu veto ao ingreso de Suecia na OTAN, segundo indicou o secretario xeral da Alianza, Jens Stoltenberg, nunha rolda de prensa un día antes do cume da organización en Vilnius. Stoltenberg fixo esas declaracións tras unha reunión co primeiro ministro sueco, Ulf Kristersson, e o presidente turco, Recep Tayyip Erdogan, que ata o de agora bloqueara o ingreso de Suecia argumentando que o país escandinavo serviu historicamente de refuxio a terroristas kurdos. Segundo Stoltenberg na reunión Erdogan accedeu a presentar o protocolo do ingreso sueco o máis pronto posible ao parlamento turco para a súa ratificación. Dixo estar “contento de anunciar” que como resultado da reunión celebrada hoxe en Vilna o presidente Erdogan acordou enviar ao Parlamento turco os documentos para ratificar a adhesión de Suecia á OTAN.