Turquía preprara unha operación terrestre en Siria contra militantes kurdos

1 minutes read

O presidente turco, Recep Tayyip Erdogan, anunciou este martes que Turquía lanzará «pronto» unha operación terrestre en Siria contra os combatentes kurdos, despois de que se intensificasen os ataques de represalia ao longo da fronteira siria entre as forzas turcas e unha milicia kurda.

Pola súa banda, o portavoz da Presidencia rusa, Dmitri Peskov, declarou este martes que comprende as preocupacións de seguridade de Turquía, pero pediu a todas as partes absterse de dar pasos que poidan desestabilizar a situación en toda a rexión.

Ao ser preguntado polas declaracións de Erdogan acerca de que Moscova non cumpre os acordos sobre Siria, o portavoz indicou que nos enfoques de Rusia e Turquía «hai matices sobre a situación en Siria e sobre que acordos non se cumpren«.

Estados Unidos, que apoia aos combatentes kurdos na súa loita contra o Estado Islámico, tamén instou a Turquía a non disparar. Pero Ankara leva moito tempo resentindo o apoio de Washington ao que considera unha organización terrorista, e parece disposta a tomar novas medidas.