31
Trump é acusado polo cargo de «incitación á insurrección» en relación ao asalto do Capitolio o mércores pasado que deixou 5 victimas mortais. Vetado das redes sociais, o presidente saínte non fixo comentario nin declaración oficial algunha desde o venres. «Ameazou a integridade do sistema democrático, interferiu na transición pacífica de poder, e puxo en perigo unha rama do Goberno. Por tanto, traizoou a súa confianza como presidente, cos danos manifestos consecuentes ao pobo dos Estados Unidos», indica o texto da resolución para o xuízo político presentado polos congresistas demócratas.