Ucha e Fajín expulsados do PSOE por entregarlle a alcaldía de Santa Comba ao PP

José Antonio Ucha Velo.

O partido socialista moveu ficha e expulsou de forma provisional ao portavoz do partido en Santa Comba, José Antonio Ucha Velo e á súa compañeira de filas, Cristina Fajín, por desbancar da alcaldía a David Barbeira de CxG e apoiar unha moción a favor da popular María Pose. Ucha e Fajín, incumprirían o artigo 7 dos Estatutos Federais do PSOE, que establece, en relación co comportamento dos afiliados, que estes coñecerán e respectarán o establecido no Código Ético do partido, e non foi así. A resolución está asinada polo secretario de Organización do PSOE, Santos Cerdán. Desde a súa recepción, os expulsados contan con 72 horas para presentar alegacións, que poden, ou non, ser admitidas.