UCIN Ames interésase pola seguridade e a calidade da auga da piscina de O Milladoiro

1 minutes read

A piscina de O Milladoiro é o único lugar onde os residentes poden refrescarse nos días calorosos. Con todo, recentemente xurdiu unha preocupación debido aos problemas relacionados coa calidade da auga e a seguridade dos bañistas.
Por eso desde UCIN Ames, solicitan ao concello o reembolso do diñeiro das cotas dos abonos das piscinas, aos usuarios prexudicados polo mal estado das mesmas.
Ademais demandan con urxencia unha análise de toxicidade da auga debido aos restos de pintura que se desprenden e que mancharon os bañadores de varias persoas.
UCIN Ames afirma que é fundamental que se realicen probas exhaustivas para determinar se existen substancias tóxicas na auga das piscinas e tomar as medidas necesarias para corrixir calquera problema identificado.
“A seguridade e a satisfacción dos usuarios debe ser unha prioridade para o Concello de Ames. É fundamental que se aborden estas preocupacións de maneira oportuna e efectiva, asegurando que as piscinas de O Milladoiro cumpran cos estándares de calidade e proporcionen unha contorna segura e agradable para todos os bañistas”, conclúen.