UCIN Ames propón un complexo deportivo e de lecer para O Milladoiro

2 minutes read

Tendo en conta que é o maior núcleo de poboación de Ames, UCIN Ames, propón unha adecuación das súas instalacións deportivas.
Milladoiro é unha poboación nova que crece ano tras ano, pero tamén é unha poboación onde as persoas maiores veñen reclamando o seu espazo.
Por eso unha das propostas de UCIN Ames para O Milladoiro, e sempre atendendo as peticións veciñais, é ampliar o actual pavillón, con máis zonas interiores para a práctica do deporte e máis bancadas para o goce do mesmo, así como cun paseo exterior onde se poderá practicar ‘footing’. Os vestiarios contarán con ximnasio, espazos para fisioterapia e servizo médico. Tamén ofrecer actividades adaptadas ás persoas da terceira idade.
Estas reformas nas instalacións deportivas realizaranse buscando a eficiencia enerxética e realizaranse con materiais sostibles para cumprir coa Axenda 2030.
Outra das propostas veciñais recollidas por UCIN Ames e que se pretende levar a cabo, é a ampliación das piscinas municipais xa que, tendo Milladoiro unha poboación que supera con fartura os 15.000 habitantes (censados son algo máis de 13 mil), as actuais quedaron moi limitadas para os residentes, así mesmo, para aproveitar os deportes de auga, proponse construír unha cuberta de inverno telescópica, similar á que se construíu nas piscinas de Sar en Santiago de Compostela, onde se poderán realizar actividades durante o resto do ano tanto para os nenos como os adultos tendo sempre moi presente poñer actividades adecuadas aos nosos maiores.
José Luis Calo, candidato á alcaldía de Ames por UCIN Ames, subliñou sobre estas cuestións que “apostamos por proxectos adaptados ás necesidades de cada poboación, neste caso, en Milladoiro fai falta ampliar e adecuar as actuais instalacións deportivas e de lecer dado o gran número de residentes que hai actualmente e coas novas edificacións, prevese que en poucos/pouos anos aumente considerablemente.
Son propostas que recollemos dos veciños de Milladoiro, e que expoñemos levalas a cabo porque vemos que son factibles o poder realizalas”, conclúe.