UCIN denuncia a pasividade das administracións ante o risco de inundación en Ponteceso

1 minutes read

O voceiro de UCIN Ponteceso, Óscar de Souto, emitiu un comunicado reflexionando sobre a pasividade de todas as administracións en relación do continuo risco de inundación ao que está constantemente sometido o centro urbano de Ponteceso, ao que ironicamente denomina como “A pequena Venecia galega”.

“Desde UCIN Ponteceso seguimos sen comprender porque nin o Goberno Municipal nin a Xunta de Galicia executasen ningunha actuación no marco do “Plan de Xestión de Risco de Inundacións” para minimizar o risco de inundacións na localidade, tendo en conta  que en Carballo van destinar xa 5,4 millóns de euros a este fin. Como se pode comprobar con facilidade a situación actual de acumulación de caudal coincidindo, de momento, con mareas mortas, avisa xa dunha posible inundación do centro da rúa Eduardo Pondal e zonas próximas. Ademais indicar o mal cheiro nauseabundo de augas fecais incomprensible pola proximidade dunha planta de recolección de augas sucias que se atopa a poucos metros do centro da vila. O corte de auga, en gran parte das parroquias desde Cores ata Niñóns, só é a punta do Iceberg dun cúmulo de problemas que viran sempre en torno do eterno deixamento por parte dos membros de gobernos e oposicións que parecen non saber nin ver nunca ningún dos graves asuntos que máis preocupan aos nosos veciños. Queremos avanzar e para mellorar o noso Concello temos que expoñer publicamente o noso malestar pola ausencia de xestión responsable dos nosos representantes municipais”, conclúe Óscar de Souto no seu comunicado.

Estás seguro de que quieres desbloquear este artículo?
Desbloquear izquierda : 0
Estás seguro de que quieres cancelar la suscripción?