UCIN denuncia que ‘os elixidos’ tampouco se preocupan polos problemas reais dos veciños de Ponteceso

1 minutes read

O representante e portavoz de UCIN Ponteceso, Oscar de Souto, emitiu un comunicado no que denuncia que o novo goberno municipal composto polo PP e o Partido Galego de Ponteceso «están preocupándose de facer unha festa das fabas por todo o alto, pero pasan de largo no arranxo do malecón, que coas mareas vivas un río atmosférico está a piques de anegar por enésima vez o centro da vila. Os elixidos, como os define Oscar de Souto, están máis preocupados por saír ben nas fotos, de poñerse soldos elevados con asesora a maiores incluída, que en solucionar os problemas máis importantes dos veciños».

«Dende UCIN loitamos para arranxar estos problemas e reclamamos solucións reais e efectivas a estes asuntos transcendentais para o día a día da veciñanza», afirma Oscar de Souto.

«Agardo que a memoria non sexa curta e lembredes as miñas opinións e queixas constantes desta última década, protestando para que alguén no consistorio recorde, que Ponteceso ten un tema urxente sen tocar: o diluvio que anega todo cada ano sen que ninguén mova nin un dedo para atoparlle algún arranxo».

«Ademais de cobrar grandes soldos, facer grandes festas e poñerse de lado a os problemas da cidadanía…..Tendes planteado facer algo positivo polo noso Municipio?», conclúe preguntándose Oscar de Souto, quen ademais lembra que a preocupación ante unha posible inundación e o arranxo dos malecóns estaban no pódium das súas propostas de campaña nas pasadas eleccións municipais.