UCIN Galicia cre erradas as prioridades da maioría dos gobernantes da Costa da Morte

1 minutes read

Segundo denuncia a formación, na Costa da Morte “están a levarse a cabo reunións de plenos urxentes para discutir asuntos insignificantes como as festas, os bailes ou as luces do Nadal, mentres que hai temas moito máis necesarios como a falta de medios para o traslado de pacientes graves ao Chuac.
Esto implica un proceso en dúas fases, primeiro, téñense que trasladar ata `Punta del Este´ en Carballo e aí subirse a outra ambulancia máis acorde coa urxencia, que os traslada ata o Hospital da Coruña”.
O malestar é xeneral en toda a Costa da Morte onde faltan servizos básicos como depuradoras, rede de sumidoiros ou beirarrúas transitables. A todo esto súmase o peche dos Parques de Bombeiros, debido á falta de persoal pola folga que están a levar a cabo. A poboación atópase nunha situación de incerteza ante a posibilidade de non contar con servizos de emerxencia adecuados en caso de necesitalos con urxencia.
“Mentres todos estes deixamentos acontecen en curioso silencio, a plana maior dos gobernos municipais reúnense para discutir temas como Puigdemont ou Palestina, que aínda que son importantes, non teñen nada que ver coas necesidades reais dos seus municipios. Logo chegan as présas por solucionar os problemas a unhas poucas semanas antes das eleccións, con promesas baleiras e débedas que aumentan mentres o pobo sofre as consecuencias duns gobernos que só quere encherse os petos con sueldazos que se soben ano tras ano”, conclúen.

Estás seguro de que quieres desbloquear este artículo?
Desbloquear izquierda : 0
Estás seguro de que quieres cancelar la suscripción?