UCIN Galicia denuncia o ‘teatro político do PP e do PSdeG’ coa AP-9, afirma que ‘están vacilando aos galegos’

Desde UCIN Galicia, con José Luis Calo como coordinador autonómico, «queremos denunciar con rotundidade o cinismo político e o uso electoralista que están facendo tanto o PP coma o PSdeG co tema da gratuídade da Autoestrada do Atlántico (AP-9)», afirmaban este mércores nun comunicado dende a formación.
Proseguen comunicando que «nos últimos días vimos como dende o PP de Galicia se montou todo un espectáculo mediático reclamando a gratuidade da AP-9, cando foron eles mesmos os responsables directos de que esta infraestrutura se atopase nas mans dunha concesionaria privada ata o ano 2048, tras as prórrogas aprobadas durante os gobernos do PP en Madrid.
Pola súa banda, os dirixentes do PSdeG sumáronse ao espectáculo, reclamando tamén a súa gratuidade, mentres o Goberno central, liderado polo PSOE, leva anos ignorando a demanda unánime do pobo galego para recuperar o control público da AP-9 e liberar a poboación dunha peaxe inxusta e discriminatoria.
Estamos fartos de promesas baleiras e de movementos electoralistas. Se tanto PP como PSOE quixeran realmente a gratuidade da AP-9, xa estaría feita. Entre os dous teñen maioría absoluta no Congreso dos Deputados, e poderían aprobar a medida sen máis escusas nin demoras».

«Galicia leva décadas sufrindo un agravio coa AP-9. Nin o PP nin o PSOE teñen
lexitimidade para reclamar agora o que sempre bloquearon. Desde UCIN Galicia
seguiremos loitando sen descanso pola gratuidade e galeguización desta
infraestrutura.»

— José Luis Calo, Coordinador de UCIN Galicia.


Desde UCIN Galicia deixámolo ben claro:
«Merecemos unha AP-9 galega e gratuíta. Merecémola, necesitámola e non descansaremos ata que o Goberno de Sánchez deixe de bloquear esta demanda histórica.
Mentres PSOE e BNG seguen tomándolle o pelo a Galicia con acordos que non cumpren e promesas que non se materializan, UCIN seguirá esixindo dende todas as institucións a transferencia inmediata da AP-9 á Xunta de Galicia, e a súa posterior gratuidade».
«É hora de deixar de xogar coa xente. Galicia non é un plató electoral. Galicia é un pobo digno, e merece respecto», conclúen dende a formación.

Related posts

O orzamento da Xunta para 2026 alcanza os 14.240 millóns de euros

O PP únese a dous tránsfugas do PSOE para conseguir a alcaldía de Manzaneda

Invitación á cidadanía a doar sangue, os hospitais galegos precisan preto de 500 doazóns diarias