UCIN Galicia planea o aumento da súa estrutura

1 minutes read

O coordinador de UCIN Galicia, José Luis Calo, mantivo unha reunión de traballo coa agrupación de UCIN Tordoia. Esta reunión enmárcase dentro das que habitualmente o coordinador está levando a cabo pola comunidade galega. Nesta ocasión tratáronse temas como a análise dos resultados das eleccións municipais do 28 de maio e o aumento da estrutura do partido en Galicia. Propoñeranse novos nomeamentos no organigrama para fortalecer os seus equipos para as eleccións europeas , con estas novas designacións o obxectivo é ofrecer “unha mellor resposta aos problemas e preocupacións da cidadanía”, afirmaba o coordinador da formación.

Estás seguro de que quieres desbloquear este artículo?
Desbloquear izquierda : 0
Estás seguro de que quieres cancelar la suscripción?