Oscar Souto, portavoz e candidato á alcaldía pola formación UCIN POnteceso, emitiu un comunicado facéndose eco dunha vella demanda e ós graves problemas de inundacións que sufre cíclicamente o centro da vila.
“Na súa orixe tanto o malecón, cubos, canles de sangrado e todas esas terras, hoxe en abandono, foron deseñadas artificialmente para campos de cultivo, mais ninguén daquela soñaría con que no futuro algún iluminado, políticos de segunda, tivese a ousadía de edificar nun fangal inundable, nomeada recentemente ademáis “zona de especial protección hidrográfica”, polo que UCIN Ponteceso, o partido dos veciños, propón desviar as pluviales de A Trabe cara o xuncal da ” canteira de Anllóns”, entre outras medidas urxentes que necesitamos para evitar os danos de sempre debido a deixadez de gobernos e oposicións porque non están facendo axeitadamente as súas funcións básicas como xestores.
Souto, afirma que Ponteceso está por debaixo do nivel do mar e só o antigo malecón e as comportas seculares, chamadas “cubos”, protexen, a penas dunha posible desgraza de proporcións bíblicas, polo que é “moi urxente” modernizar estes sistemas de protección que xa temos porque están xa obsoletos. Fagámoslle caso os nosos ancianos sabios e limpemos esas canles de sangrado, melloremos os malecóns e aumentémolos, modernicemos eses cubos centenarios con dobles comportas e sistemas hidráulicos de moderna creación que xa están operativos noutros lugares parecidos a Ponteceso. “A auga vai ir cara a zona mais baixa, pois fagamos novas zonas mais baixas”, conclúe.