UCIN Ponteceso denuncia falta de respeto na coincidencia dun velorio cunha festa

2 minutes read

Esta pasada fin de semana coincidían varias celebracións que entraban en contradicción en Ponteceso. Por unha banda mobilizábanse efectivos da Policía Nacional para acompañar nos actos fúnebres dun axente de antidisturbios falecido nun accidente de tráfico con cuarenta e poucos anos. Por outro lado, a poucos metros do velatorio,o sábado soaba unha orquestra na praza do recheo debido as festas da Divina Pastora onde aparecía en letras grandes na carpa o anagrama do Concello de Ponteceso.

“UCIN Ponteceso desexa queixarse públicamente deste feito totalmente desacertado e contradictorio que causou bastante malestar entre parte da veciñanza. Sería moito mais coherente suspender, polo menos un día, ou aprazar, a festa e a programación festiva e gardar un día de loito municipal en sinal de respeto polo axente falecido e incluso tería gran acerto poñer bandeira a media asta e gardar un minuto de silencio diante do Consistorio Municipal, por parte de tódalas forzas políticas locais”, reflexionaba Óscar Souto Rodríguez (candidato a alcaldía por UCIN Ponteceso e Portavoz de UCIN para Galicia).

Proseguía afirmando que “están colocando carteis pedindo o voto ata diante dos tanatorios e de par das entradas das igrexas, mais tamén é moi ferinte que algúns carteis políticos aparecen pendurados de postes e farolas xusto nos lugares onde falta alcantarillado, unha acera decente, unha pista asfaltada como debería, ou outros moitísimo problemas dos que se queixan os nosos veciños. Piden o voto, prometen miles de cousas incribles e poñen carteis xusto encima dos graves problemas sen solucionar. A política local non ve os problemas porque só ven o que queren ver, entrar no consistorio, cobrar e perder outros catro anos mais con todo sen arranxar. Ponteceso ten que ser a nosa única prioridade na axenda. Ponteceso primeiro”, concluía Óscar Souto.

Estás seguro de que quieres desbloquear este artículo?
Desbloquear izquierda : 0
Estás seguro de que quieres cancelar la suscripción?