O novo partido de centro, independente e municipalista, UCIN Ponteceso, decide non pedir o voto, non facer mítins, non prometer o que non poida cumplir, non entregar papeletas nos buzóns, non pegar carteis electorais, pero….. percorre as aldeas para revisar en persoa os problemas dos que lles informa a veciñanza.
“Os veciños das 14 parroquias quéixanse do estado de abandono das súas aldeas esquecidas polo alto mando que só está preocupado de prometer tolemias que nunca se van a facer realidade. E a realidade está aquí, gravada en video, a pé de rúa, as pistas e accesos as vivendas con baches, sen saneamento, sen alcantarillado e nun estado de abandono absoluto. Esto é froito de décadas de deixadez por parte dos partidos tradicionais, que só se preocupan dos seus propios intereses persoais, e esquecen as necesidades básicas do rural”, destacan dende a formación.
“UCIN Ponteceso, como voz do pobo, pois somos un partido composto por veciños do rural, denunciamos o estado de abandono no que se atopa a parroquia de Pazos e vamos a loitar por arranxar estes problemas básicos que é obrigación dos responsables políticos da vila de solucionar, solucionar sen pedir ningún voto a cambio, porque é a nosa responsabilidade ética e moral , cobran xa dabondo por ser concelleiros de urbanismo ou de obras, e eses salarios públicos pagámolos todos nós cos nosos impostos”.
“É urxente que Pazos avance e se sinta parte de Ponteceso. Este abandono vai ter unha resposta contundente este 28 de maio e todo cambiará nestas municipais porque xa estamos fartos de que prometan e non cumplan nunca nada do prometido. As parroquias e o rural están no número un das prioridades do único partido novo que se presenta nestas eleccións. Un partido composto íntegramente por xente das aldeas. Porque Ponteceso é 95% rural. Apostaremos todo por mellorar o mundo rural porque os veciños merecen ter aceras, alcantarillado, pistas decentes, aparcamentos e servizos básicos decentes. É un dereito que os nosos ciudadanos merecen ter e……. terán”, conclúe Óscar Souto Rodríguez, candidato á Alcaldía da vila de Pondal por UCIN Ponteceso e Portavoz de UCIN para Galicia.