Desde a formación afirman que “é lamentable presenciar como os partidos políticos que deberían velar polo benestar da cidadanía vense envoltos en prácticas que socavan a confianza do sistema democrático”.
“O despropósito do PP de Ames ao ‘venderse’ ao Partido Socialista liderado por Blas García é evidente, ao outorgar tres dedicacións exclusivas aos concelleiros do Partido Popular, María Oliva Agra Costoya, Pablo Beiroa Pampín e José Ramón Oulego Erroz, cun salario anual de 26.250 euros cada un. Ademais o PSOE ‘comprou’, en certa medida, o silencio do BNG ao proporcionar un soldo ás súas dúas concelleiras, Escarlata Pampín López e Rosalía Seijas Tuñas, tamén por 26.250 euros ao ano para cada unha. Esta situación expón serias dúbidas sobre a independencia e a ética dos partidos políticos involucrados”, afirman desde UCIN Ames.
“O intercambio de favores entre o PP e o PSOE neste caso é un claro exemplo diso. En lugar de priorizar os intereses da cidadanía amesá e traballar en beneficio común, estes partidos parecen máis interesados en manter as súas cotas de poder e asegurar privilexios para os seus afiliados. Este tipo de accións só reforzan a percepción de que os políticos están máis preocupados polo seu propio beneficio que polo benestar xeral”, conclúen.