UCIN, ‘Unión de Ciudadanos Independientes’, será a nova forza política para Galicia

1 minutes read

Emerxen dende o centro novos partidos con novas ideas que se autodefinen por antepoñer as necesidades básicas do pobo a esas promesas electorais sempre incumplidas ou a medio incumplir coas que xogan Rueda e Besteiro, afirma o voceiro de UCIN para Galicia, Oscar de Souto.

“Con Feijóo en Madrid, onde debe estar, máis preto que nunca da extrema dereita de Abascal queda un oco enorme no electorado da dereita tradicional que agora xa non saben se ir ou non a votar descontentos polo “totum revolutum” que se acaba de xerar tanto para as europeas como para liderar a Xunta de Galicia”, prosegue.

“O galeguismo sabe moi ben que xa non apostan por Galicia e polos galegos os partidos de sempre. Chegou a hora de dar un paso ó frente e avanzar con ideas que xorden do pobo e das súas queixas eternas e farémolo dende unha posición de centro, moderada e certamente galeguista. Os cidadáns de a pé somos nós, os que compoñemos UCIN Galicia, e as nosas son as ideas que o pobo nos foi transmitindo durante estes últimos anos e todos eses soños e reclamacións debemos trasladalos ao Parlamento Galego e a Europa. E será así se os galegos e galegas así o deciden”, conclúe o voceiro da formación.

Estás seguro de que quieres desbloquear este artículo?
Desbloquear izquierda : 0
Estás seguro de que quieres cancelar la suscripción?