Ucraína acusa a Rusia de bombardear o edificio de Cruz Vermella en Mariúpol

1 minutes read

Ucraína acusa a Rusia de bombardear a sede do Comité Internacional da Cruz Vermella, segundo unha portavoz da organización en Xenebra, non hai aínda información dispoñible sobre se hai ou non vítimas, nin cantas persoas estaban no edificio.

Ante o Parlamento noruegués, o presidente ucraíno, Volodymir Zelenski, pediu que Oslo contribúa de forma decisiva á seguridade enerxética europea e tamén pediu armas. Zelensky engadiu «A liberdade debe ter mellores armas que o mal». O Kremlin tamén arrefriou as expectativas sobre a redución da ofensiva.

Moscova considera un factor positivo que os ucraínos fixesen propostas para acabar a guerra pero o portavoz de Putin, Dimitri Peskov: «Non podemos afirmar nada moi prometedor, ningún avance, aínda queda un traballo moi, moi longo por facer, concluíu».

Os ataques tamén golpean aos civís na zona de Donetsk, controlada polos rebeldes prorrusos. Varios apartamentos dun edificio residencial quedaron completamente destruídos á primeira hora da mañá deste mércores tras ser alcanzados por un mísil ucraíno. Dúas persoas morreron e catro resultaron feridas.