Ucraína afirma haber reconquistado sete localidades ocupadas por Rusia

Desde a fin de semana, Kiev publicou un fluxo constante de vídeos nos que se ve ás tropas ucraínas entrando en varios pobos, entre eles, en Blahdatne, e noutros lugares de Neskuchne, en Donetsk. Ucraína lanzou operacións en varios lugares de Donetsk e Zaporiyia, con resultados desiguais. En todo caso, afirma haber reconquistado un total de sete localidades ocupadas por Rusia no leste e sueste do país. A pesar do seu pequeno tamaño, a reconquista destes pobos supón unha incursión na primeira liña das defensa rusas e podería permitir ás forzas ucraínas tentar unha ofensiva máis profunda nas zonas ocupadas.

Related posts

O Punto Rojo ponse en marcha en Baio con descontos, premios, moita actividade nas rúas e unha ruta de tapas

Rosa Otero recoñecida como Filla Adoptiva da Coruña

Aberto o prazo de inscrición no programa de voluntariado xuvenil da Laracha