O presidente VolodímirZelenski sinalou que Ucraína recuperou máis de 300 localidades en Járkov máis de 6.000 quilómetros cadrados do seu territorio no leste e no sur do país. Na fuxida que Rusia denomina reagrupamento, as tropas rusas deixaron atrás moito material, municións, tanques e diferentes medios de transporte. Segundo o Exército ucraíno, os rusos tamén deixaron os territorios sementados de minas e cadáveres. O Ministerio de Defensa ruso, pola súa banda envía outra mensaxe distinta, sinalando que Rusia realizou lanzamentos de ataques «masivos» de alta precisión en todas as direccións operativas. Decenas de miles de rusos asinaron xa unha petición pública para que o impopular gobernador da rexión de Jabárovsk, MijaílDegtiariov, deixe o cargo e acuda a combater en Ucraína.
31