Zelenski pronunciou estas palabras nunha base militar non identificada, por motivos de seguridade, rodeado de vehículos militares fornecidos polos seus aliados e de membros da recentemente creada Brigada de Asalto de elite “Fronteira de Aceiro”.
“Queridos guerreiros, pronto chegarán as batallas principais. Debemos liberar á nosa terra e ao noso pobo da escravitude rusa. Debemos restablecer a liña completa da nosa fronteira estatal, tanto en terra como en mar. Estou seguro de que o heroísmo, a fiabilidade e a estabilidade das nosas tropas fronteirizas axudarán enormemente a Ucraína neste importante camiño histórico. Desexo á Brigada de Asalto ‘Fronteira de Aceiro’ e a todas as nosas unidades fronteirizas, forza e continuos éxitos na batalla”, dixo Zelenski.