Ucraína | Asedio ruso sobre Kiev

O exército de Moscu lanzou este xoves ataques masivos contra as rexións ucraínas de Kiev e Chernígov. O gobernador rexional de Kiev, OleksiyKuleba, dixo en Telegram que un asentamento no distrito de Vyshgorod da rexión tamén foi branco de ataques á primeira hora. O gobernador da rexión de Kiev, Oleksiy Kuleba, relacionou os ataques co Día do Estado, que Ucraína celebraba por primeira vez este xoves. As explosións producíronse antes da visita prevista do presidente lituano, Gitanas Nauseda. No seu discurso, o presidente ucraíno Volodimir Zelensky agradeceu o apoio militar proposto por Lituania. Járkov, a segunda cidade máis grande de Ucraína, tamén foi obxecto dun bombardeo durante a noite, asegurou o seu alcalde IhorTerekhov. A continuación dos ataques nestas zonas prodúcese un día despois de que o líder ucraíno prol-ruso, Denis Pushilin, pedise ás forzas do Kremlin que «liberen as cidades fundadas polo pobo ruso» como Kiev, Chernigov ou Járkov, entre outras.

Related posts

O Punto Rojo ponse en marcha en Baio con descontos, premios, moita actividade nas rúas e unha ruta de tapas

Rosa Otero recoñecida como Filla Adoptiva da Coruña

Aberto o prazo de inscrición no programa de voluntariado xuvenil da Laracha