Segundo informan desde Kiev, a Forza Aérea Ucraína derrubaría un mísil balístico hipersónico lanzado desde Rusia. Fíxoo mediante o uso dun dos seus sistemas de defensa aérea Patriot, chegados desde Estados Unidos.
O comandante Mykola Oleshchuk era o encargado de confirmalo este sábado a través de Telegram: «Felicito ao pobo ucraíno por un acontecemento histórico!», escribía Oleshchuk. «Si, derrubamos o ‘único’ Kinzhal. Ocorreu durante un ataque nocturno o 4 de maio no ceo da rexión de Kiev. O mísil X-47 foi disparado por un MiG-31K desde o territorio de Rusia».
O Kinzhal é unha das últimas e máis avanzadas armas rusas. O Exército ruso afirma que o mísil balístico lanzado desde o aire ten un alcance de ata 2.000 quilómetros e voa a unha velocidade 10 veces superior á do son, o que dificulta a súa interceptación.
Paralelamente a este feito, a Forza Aérea de Ucraína acusou a Rusia de utilizar fósforo branco nos seus bombardeos a Bajmut.