Ucraína ataca o corazón da frota rusa e afunde o Novocherkassk

Ucraína alcanzou nun ataque con mísiles da aviación, a un dos grandes buques de guerra ruso, o Novocherkassk, que resultou afundido na anexionada península de Crimea. Os restos quedaron esparexidos por centos de metros á redonda. O Estado ruso logo eliminou o seu propio informe que mostraba os entullos. Buque de desembarco de 112 metros de eslora, o _Novocherkassk_xa fora alcanzado ao pouco de comezar a guerra, aínda que entón só resultou danado nun ataque que deixou tres mortos. É a resposta á toma das tropas rusas do bastión de Márinka o luns, a maior vitoria rusa no Donbás desde maio.

Related posts

O Punto Rojo ponse en marcha en Baio con descontos, premios, moita actividade nas rúas e unha ruta de tapas

Rosa Otero recoñecida como Filla Adoptiva da Coruña

Aberto o prazo de inscrición no programa de voluntariado xuvenil da Laracha