As autoridades ucraínas denuncian que Rusia leva a cabo deportacións forzosas, e que serían ao redor de 20.000 persoas por día. «Son deportacións masivas, campos de filtración, é un intento constante de destruír a todos os que apoian a idea nacional. Este mércores, máis de 500.000 ucraínos foron desprazados pola forza. Poden imaxinar o que isto representa», declarou o presidente Volodímir Zelenski. Segundo o Goberno de Kiev, os adultos son levados aos denominados «campos de filtración» para convertelos en man de obra barata. «Agora hai un campo de filtración na rexión de Donetsk, onde hai máis de 10.000 dos nosos cidadáns. Interrógaselles sobre os seus intereses, sobre o seu apoio a Ucraína ou á Federación Rusa», sinalou a Defensora do Pobo ucraína, Lyudmila Denisova. Tamén alerta que polo menos 130.000 nenos foron levados a Rusia. Moscova, pola súa banda, alega que os nenos orfos serán acollidos por familias rusas.
46
