Ucraína denuncia o uso de armas químicas en Mariúpol

1 minutes read

Tropas ucraínas que combaten en Mariúpol aseguraron que foron atacadas con armas químicas polos rusos, no que é a primeira denuncia concreta do uso destas armas na guerra de Ucraína. O presidente ucraíno, Volodímir Zelenski, alertou tamén do posible uso de armas químicas nunha mensaxe difundida este martes. Pola súa banda, o alcalde de Mariúpol, Vadym Boichenko, informou de que se estima que desde que comezou a invasión rusa o 24 de febreiro polo menos 21.000 civís morrerían na cidade portuaria. Estados Unidos e Reino Unido están a investigar o ocorrido, mentres as milicias prorrusas de Donetsk, que combaten en Mariúpol, negan utilizar armas químicas.