Ucraína e Moldavia obteñen a candidatura á Unión Europea


A presidenta da Comisión Europea, Ursula von der Leyen, asegurou que é unha «decision histórica» que confirma a súa pertenza á familia europea. Aínda que agora dean un paso máis aló no seu camiño dentro do club comunitario, Bruxelas recomendou a semana pasada que obtivesen o status pero con condicións. No caso de Ucraína pedía que reformase o seu sistema xudicial, aumentase a súa loita contra a corrupción e limitase o poder dos oligarcas.

Os líderes europeos están decididos a dar unha clara mensaxe de apoio a Kíev tras a invasión rusa. «É importante e queremos dar este sinal político que simbólicamente é moi forte. Creo que a poboación ucraína loita polos nosos valores. Entendemos que desde un punto de vista simbólico é importante. Doutra banda, temos que entender que este é un proceso que durará moito tempo. Requirirá moitas reformas e as dúas cousas van xuntas», explicou o primeiro ministro de Bélxica, Alexander de Croo á súa chegada ao cume europeo.

Para chegar a iso, foi necesario superar as reticencias dalgúns países como Países Baixos que inicialmente se mostraban contrarios.