Ucraína impartirá xustiza a todos os implicados no ‘referendo’


Tanto Ucraína como a ONU, condenan a celebración desta presunta consulta popular no territorio do Donbás sobre a súa adhesión a Rusia. O asesor presidencial ucraíno, Mijailo Podolyak, afirmou que este venres non está a ter lugar “ningún acto legal chamado referendo” nos territorios ocupados. Pola contra, o único que existe é un “espectáculo de propaganda” ao servizo do recrutamento de soldados para a guerra, así como “territorios ucraínos que necesitan unha liberación inmediata”, escribiu Podolyak en Twitter. O secretario xeral da ONU, António Guterres, tamén lembrou que calquera anexión de territorio pola forza é unha violación do dereito internacional.