Ucraína impartirá xustiza a todos os implicados no ‘referendo’

1 minutes read

Tanto Ucraína como a ONU, condenan a celebración desta presunta consulta popular no territorio do Donbás sobre a súa adhesión a Rusia. O asesor presidencial ucraíno, Mijailo Podolyak, afirmou que este venres non está a ter lugar «ningún acto legal chamado referendo» nos territorios ocupados. Pola contra, o único que existe é un «espectáculo de propaganda» ao servizo do recrutamento de soldados para a guerra, así como «territorios ucraínos que necesitan unha liberación inmediata», escribiu Podolyak en Twitter. O secretario xeral da ONU, António Guterres, tamén lembrou que calquera anexión de territorio pola forza é unha violación do dereito internacional.