Ucraína | Milicias prorrusas din ter tomado o control do porto de Mariúpol

1 minutes read

As milicias prorrusas tomaron o porto de Mariúpol, así o informou o líder separatista da rexión de Donetsk, Denís Pushilin. Hora antes, o dirixente prorruso chamara a «intensificar a operación de liberación» do Donbás. As autoridades ucraínas confirman o agravamento do combate e denuncian que Rusia busca facerse coa rexión situada ao leste de Ucraína. « Mariúpol está destruída. Hai decenas de miles de mortos. Pero aínda así, os rusos non deteñen a ofensiva. Queren facer de Mariúpol un exemplo», declarou o presidente Volodímir Zelenski. Ademais de Mariúpol e Donestk, as tropas rusas manteñen a súa ofensiva en Járkov, que foi bombardeada en 66 ocasións nas últimas 24 horas, informou un alto mando militar de Moscova.