Ucraína nega estar detrás do ataque con drons a Moscova

Un acto terrorista de Kiev e unha clara provocación. Así cualifica Vladimir Putin o ataque con drons que sacudiu Moscova á primeira hora deste martes, causando só danos leves pero obrigando a evacuar edificios residenciais alcanzados por primeira vez na capital rusa. Moscova derrubou cinco drons, segundo o Ministerio de Defensa ruso, e os sistemas doutros tres quedaron bloqueados, o que lles fixo desviarse do seu rumbo. O presidente ruso engadiu que «esto non me molesta tanto como os intentos de provocar unha resposta de Rusia. Aparentemente é o que pretenden. Provócannos accións espello. Xa veremos que facer respecto diso». Ucraína negou estar detrás dese ataque que suscitou dúbidas sobre a eficacia das defensa aéreas rusas.

Related posts

O Punto Rojo ponse en marcha en Baio con descontos, premios, moita actividade nas rúas e unha ruta de tapas

Rosa Otero recoñecida como Filla Adoptiva da Coruña

Aberto o prazo de inscrición no programa de voluntariado xuvenil da Laracha