Ucraína ordena a evacuación obrigatoria de zonas retomadas a Rusia en Járkov


O Exército ucraíno ordenou a evacuación obrigatoria de varias localidades do distrito de Kupianks, no nordés de Ucraína. Esta zona estivo controlada polas tropas rusas ao principio da invasión, aínda que foron desaloxadas máis tarde. Kanashevich agregou que se facilitará a “evacuación obrigatoria de e persoas con mobilidade reducida nesas comunidades” e municipios, próximos á fronte oriental, actual epicentro dos combates entre as forzas rusas e ucraínas. Aclarou ademais que a súa administración quere “sacar a todo o mundo”, pero “a gran maioría da xente non quere irse nin sequera ante os bombardeos”.