Nova noite de terror en Odesa. Polo menos unha persoa morreu e outras 22 resultaron feridas, entre elas catro nenos, nos ataques rusos. Segundo Kiev, Moscova lanzou 19 mísiles. Ademais das vítimas, varios bloques de vivendas quedaron destruídos e a Catedral da Transfiguración de Odesa sufriu graves danos.
Así reaccionaba o presidente de Ucraína, Volodímir Zelenski, vía Twitter:
“Mísiles contra cidades pacíficas, contra edificios residenciais, unha catedral… Non pode haber escusa para a maldade rusa. Como sempre, este mal vai perder. E definitivamente haberá represalias contra os terroristas rusos por Odesa. Van sentir esta represalia”.
E así reaccionaba Andriy Palchuk, archidiácono da Catedral da Transfiguración de Odesa:
“A destrución é enorme, a metade da catedral quedou sen teito, os pilotes centrais e os cimentos quedaron destruídos”.