Ucraína pide máis armamento para tratar de gañar a batalla do Donbás

Ucraína teme unha derrota no Donbás sen un aumento da axuda militar. O Exército ucraíno resiste pero está a quedarse sen municións. E é o armamento pesado a clave para gañar a batalla do Donbás. A superioridade do arsenal ruso, podería permitirlle continuar o seu avance cara a Odesa e Járkov. Mentres Estados Unidos e os seus aliados reúnense para debater unha nova axuda militar a Kiev, o destino de Ucraína dependerá en gran medida da cantidade e a rapidez con que cheguen estas armas.

«Necesitamos canóns máis modernos porque os nosos inimigos teñen artillería de longo alcance», asegura o comandante ucraíno Oleksandr, da Brigada número 45 de Artillería. O presidente VolodímirZelenski que pide case a diario armas máis poderosas; apremou ao chanceler alemán, Olaf Scholz, a «decidirse» a fornecer ao seu país o armamento pesado que necesita para facer fronte á ofensiva rusa e vencer ao exército invasor.

Related posts

O Punto Rojo ponse en marcha en Baio con descontos, premios, moita actividade nas rúas e unha ruta de tapas

Rosa Otero recoñecida como Filla Adoptiva da Coruña

Aberto o prazo de inscrición no programa de voluntariado xuvenil da Laracha