Ucraína | Polo menos 15 mortos e 20 atrapados tras un ataque a un edificio residencial en Chasiv Yar


Polo menos 15 persoas morreron cando un mísil ruso impactou neste edificio de apartamentos na cidade de Chasiv Yar, ao leste de Ucraína, e máis de 20 persoas poderían seguir atrapadas entre os entullos, segundo informaron as autoridades este domingo. Os equipos de rescate lograron contactar con polo menos tres persoas atrapadas, informaron os servizos de emerxencia ucraínos.

Rusia afirmou en repetidas ocasións que só ataca obxectivos de valor militar na guerra. O portavoz do Ministerio de Defensa, Igor Konashenkov, declarou este domingo que as forzas rusas atacaron unha planta de cerámica en Sloviansk, matando ata 100 soldados ucraínos e destruíndo municións para obuses estadounidenses. Pero na sesión informativa non se fixo ningún comentario sobre Chasiv Yar.