A necesidade de enviar unha misión da Axencia Internacional da Enerxía Atómica á central foi discutida recentemente polos presidentes francés e ucraíno e espérase que encabece a discusión deste xoves entre o Secretario Xeral da ONU , os presidentes ucraíno e turco. Os veciños de Nikopol, a pouco máis de dous quilómetros da central, río Dniéper polo medio, temen que un ataque ás posicións rusas na central poida derivar nun desastre nuclear.
Este mércores o secretario xeral da OTAN, Jerns Stoltenberg interveu sobre o risco nuclear. Afirmou que «é urxente permitir a inspección da Axencia Internacional da Enerxía Atómica e asegurar a retirada de todas as forzas rusas»: «A toma da central nuclear de Zaporiyia por parte das forzas rusas supón unha grave ameaza para a seguridade destas instalacións, aumenta o risco dun accidente ou incidente nuclear e pon en perigo á poboación de Ucraína, dos países veciños e da comunidade internacional.»