O Ministro de Defensa de Ucraína anunciou a chegada de sistemas de defensa aérea procedentes de España e Estados Unidos a Ucraína. «Estas farán os nosos ceos máis seguros», destacaba en twitter. O obxectivo é reforzar a defensa das subministracións críticas das cidades ucraínas. Con motivo da visita a Kiev do ministro de Asuntos Exteriores español, José Manuel Albares, o seu homólogo ucraíno, Dmytro Kuleba, anunciou a semana pasada que España dispoñíase a entregar unha batería do sistema de mísiles Aspide, así como catro sistemas antiaéreos Hawk, sistemas de mísiles antitanque, canóns e municións. Tamén a semana pasada. o Pentágono anunciou a entrega dun paquete de oito sistemas de defensa aérea NASAMS, dos cales estaba previsto que dous fosen entregados nun futuro próximo. Segundo Ucraína as forzas rusas lanzaron catro mísiles e 24 bombardeos aéreos na última xornada. A situación non parece desescalar a pesar de que medios como Wall Street Journal apunten que hai conversacións neste sentido.
46