Ucraína recupera terreo en Járkov e evacuou a mulleres, nenos e anciáns de Azovstal

A guerra en Ucraína cumpre este domingo 74 días con novos bombardeos sobre Odesa. As tropas de Kiev afirman que están a recuperar terreo a Moscova ao redor de Járkov, a segunda cidade do país e na que Rusia di destruír armamento europeo e estadounidense. Continúa tamén a ofensiva no Donbás. Zelenski busca a mediación internacional para evacuar aos combatentes na acería de Mariúpol, despois de que nas últimas horas fosen  evacuados todos os anciáns, mulleres e nenos da planta. Segundo precisou a viceprimeira ministra ucraína a través de Telegram, a evacuación foi complexa e houbo «violacións constantes» do cesamento do fogo por parte das forzas rusas, que seguen combatendo na acería contra as tropas ucraínas. O presidente de Ucraína, Volodímir Zelenski, busca a mediación internacional para evacuar aos últimos 200 combatentes que aínda permanecen atrincheirados. Mentres, no sur detectáronse ataques aéreos en Odesa, xunto ao Mar Negro, e en Mikoláiv. Bombardeos estendidos tamén á fronteira oeste, na rexión separatista moldava de Transnistria.

Related posts

O Punto Rojo ponse en marcha en Baio con descontos, premios, moita actividade nas rúas e unha ruta de tapas

Rosa Otero recoñecida como Filla Adoptiva da Coruña

Aberto o prazo de inscrición no programa de voluntariado xuvenil da Laracha