Ucraína rexeita as propostas de Putin

1 minutes read

Rusia e Ucraína pecharon a terceira rolda de negociacións con pequenos avances sobre a creación de corredores humanitarios, pero sen ningún acordo concreto que permita falar dun alto o fogo.

Non se crumpren ningunha das condicións que puxeron ambas partes. Kiev esíxelle a Moscova que deteña os ataques contra a poboación civil. Rusia pide que Ucraína lle ceda Crimea e recoñeza a independencia de Donets e Lugansk. Os ministros de Exteriores dos dous países anuncian que se reunirán persoalmente esta semana en Turquía para buscar unha saída ao conflito.

Segundo comentou o asesor da Oficina do Presidente ucraíno, Mykhailo Podolyak, eses ‘pequenos avances’ déronse no eido da mellora da loxística dos corredores humanitarios para evacuar á poboación civil.

O presidente de Ucraína, Volodímir Zelenski, respondeu de forma taxante ás esixencias do Kremlin. Non acepta o seu ‘ultimato’ para frear a invasión, e pediulle ao seu homólogo ruso, Vladímir Putin, que saia da súa «burbulla e permita o diálogo». Zelensky tamén reclama novos corredores humanitarios para evacuar a poboación, e denuncia que os que ofreceu o Kremlin desembocan todos en Rusia e en Belarús.