Ucraína | Rusia intensifica os seus ataques sobre a rexión de Donetsk


O exército ruso intensificou os ataques na rexión de Donetsk, en Ucraína, que deixou varios civís mortos e feridos e unha cincuentena de edificios destruídos, segundo informou o servizo de prensa da policía rexional. Ucraína acusa a Rusia de empregar a central nuclear de Zaporiyia como base para almacenar as súas armas, incluídos “sistemas de mísiles” para bombardear as zonas de ao rededor. Segundo Ígor Konashénkov, portavoz xefe do Ministerio de Defensa ruso, o seu exército atacou unha base provisional das tropas ucraínas en Mykolaiv, no sur do país, causando máis de 200 militares mortos, aos que cualifican de nacionalistas e mercenarios estranxeiros. As vítimas civís non deixan de aumentar. Segundo a axencia nacional de información Ukrinform, os bombardeos das últimas horas deixaron 7 falecidos e 14 feridos.