Soldados ucraínos da 128 Brigada de Asalto de Montaña mostraron orgullosos este luns a súa bandeira na localidade sureña de Pyatykhatky, a oitava que retomaron en tres semanas de contraofensiva contra as forzas rusas. A imaxe non se está repetindo tan a miúdo como desexarían as autoridades de Kiev, pero polo menos demostra que a operación está a dar algúns froitos. Segundo Ucraína, xa recuperaron 113 quilómetros cadrados de territorio. Con todo, pese á armamento occidental, as baixas están a ser elevadas. Segundo os expertos militar, Ucraína podería facer unha pausa operativa para afinar a súa estratexia.