0
A rebelión do grupo Wagner en Rusia, non impediu que Ucraína sufrira unha nova onda de ataques aéreos este sábado de madrugada, con tráxicas consecuencias en Kiev, onde morreron polo menos 3 persoas e once resultaron feridas, segundo os servizos de emerxencia. O ataque deixou en chamas un edificio residencial de 24 plantas nunha zona céntrica da capital. As imaxes do lugar mostraban un incendio nos pisos superiores do edificio e o aparcamento sementado de cinza e entullos. As autoridades ucraínas afirman derrubar durante a noite dous drons de ataque e 40 mísiles de cruceiro rusos, 20 deles dirixidos a Kiev.