UD Paiosaco e Bergantiños FC, en postos de descenso


O Rápido de Bouzas, un rival directo pola permanencia na Terceira, desquitouse na Porta Santa a costa do UD Paiosaco-Hierros por 1-4, mentras o Bergantiños FC tampouco foi quen de gañarlle ao colista Pontellas. Así as cousas, ambos equipos, Bergan e Paiosaco están en posicións de descenso, na praza 18 e 20 respectivamente, tras o peche de resultados da Xornada 18 da Terceira División Grupo 1.