Última convocatoria de axudas do Programa 2014-2020 dos GALP

1 minutes read
galp

O Grupo de Acción Local do sector Pesqueiro (GALP) Costa da Morte informa que, este xoves 27 de xaneiro de 2022, saíu publicada no DOG NÚM. 18 a ORDE do 27 de decembro de 2021 pola que se establecen as bases reguladoras para a concesión de axudas para proxectos ao abeiro das estratexias de desenvolvemento local participativo (EDLP), aprobadas aos grupos de acción local do sector pesqueiro para o desenvolvemento sustentable das zonas de pesca no marco do Fondo Europeo Marítimo e de Pesca 2014-2020, e se convocan as correspondentes ao ano 2022.

As axudas están destinadas a xente do mar, empresas transformadoras de produtos pesqueiros, hostaleiros, sectores auxiliares á pesca, asociacións do sector pesqueiro, redeiras, etc. que presente proxectos relacionados co mar.

O territorio de actuación do GALP Costa da Morte comprende os concellos de Cabana de Bergantiños, Camariñas, Carballo, A Laracha, Laxe, Malpica, Muxía, Ponteceso e Vimianzo.

Os promotores disporán ata o 27 de febreiro, para a presentación telemática de solicitude de axuda. (Código de procedemento PE155A: https://sede.xunta.gal/detalle-procedemento?codtram=PE155A).

Para mais información pode poñerse en contacto a través do teléfono 981707378 ou o correo: galp.mar.costadamorte@xunta.gal.