Última semana para solicitar as bolsas para o curso 2022-2023

O prazo de presentación de solicitudes termina o vindeiro xoves 12 de maio. Este ano, a convocatoria adiantouse catro meses co obxectivo de que os alumnos e alumnas saiban antes do período de matriculación se cumpren cos requisitos económicos para recibir estas axudas.

Os estudantes que queiran pedir estas axudas deben facelo no prazo indicado, aínda que non saiban que van estudar nin que notas sacarán este curso ou, mesmo, se non saben se continuarán a súa formación. Nun primeiro momento, solicitaránselles algúns datos provisionais que poderán modificar máis adiante. Toda a información está dispoñible na páxina web de bolsas e axudas do Ministerio de Educación e Formación Profesional.

As bolsas e axudas ao estudo son unha das principais ferramentas para garantir a igualdade no acceso á educación e unha das políticas educativas prioritarias do Goberno. No últimos cinco anos, o orzamento destinado a elas aumentou un 45%: de 1.472 millóns en 2017-2018 a 2.134 millóns en 2022-2023. Isto permitiu que aumente tamén o número de estudantes que se benefician destas axudas e as contías das mesmas, especialmente aquelas destinadas a persoas con rendas máis baixas.

No curso 2017-2018, algo máis de 682.000 alumnos recibiron unha bolsa na convocatoria xeral, mentres que na convocatoria 2020-2021 foron máis de 790.000. A estes hai que sumar aos estudantes con necesidades educativas especiais.

Related posts

O Punto Rojo ponse en marcha en Baio con descontos, premios, moita actividade nas rúas e unha ruta de tapas

Rosa Otero recoñecida como Filla Adoptiva da Coruña

Aberto o prazo de inscrición no programa de voluntariado xuvenil da Laracha