- Os veciños de Carballo contarán cunha tarxeta cargada con 30€ para consumir nos establecementos adheridos
Este xoves remata o prazo para que autónomos ou empresas afincadas en Carballo se adhiran ao programa “Sempre Carballo”, unha das iniciativas que impulsan desde a administración local para reactivar a económica local. Todos os veciños de Carballo recibirán unha tarxeta-bono cargada cun total de 30 € para consumir en calquera establecemento adherido á campaña.
Ademais do ámbito do comercio e a hostalería, están adheridas de forma efectiva empresas de estética e perruquería, de fotografía, de deportes ou librarías.
A tarxeta pode ser solicitada por calquera persoa maior de idade empadroada en Carballo a 31 de xullo cumprimentando o formulario que estará dispoñible en www.semprecarballo.gal, e caducará o 30 de novembro.