Hoxe domingo é o último día para tramitar a tarxeta-bono “Sempre Carballo”, que xa supera as 18.000 solicitudes recibidas. As persoas interesadas só teñen que entrar en semprecarballo.gal e cubrir o sinxelo formulario que aparece nesta páxina web. É moi importante revisar ben os datos antes de envialos.
As tarxetas serán enviadas nos vindeiros días xunto cunha carta que é moi importante conservar, xa que inclúe as claves persoais e as instrucións necesarias para activar a tarxeta. O proceso é moi sinxelo.
Lembramos que a tarxeta “Sempre Carballo”, que ten un saldo de 30 euros, entregarase de balde a todas as persoas maiores de idade que a soliciten e con residencia no concello de Carballo (a data de empadroamento debe ser anterior ao 31 de xullo deste ano). Os 30 euros poderán consumirse ata o 30 de novembro nos 262 establecementos adheridos. A relación pode consultarse tamén en semprecarballo.gal.
47