Últimos composteiros dispoñibles para a veciñanza de Ponteceso

Concello de Ponteceso

  • Os colectores son un excedente da última entrega realizada por Sogama

A veciñanza de Ponteceso que desexe un composteiro para elaborar o seu propio compost pode achegarse ata o Concello a por un tras o excedente da última entrega realizada por Sogama.

Este tipo de recipientes permiten «levar a cabo prácticas sostibles e respectuosas coa contorna para reducir os refugallos orgánicos que se depositan nos colectores», afirman desde o goberno local, cuxo plan de compostaxe segue activo con máis dun centenar de fogares participantes.

Esta iniciativa súmase á mellora do espazo verde urbano, pola que o consistorio foi distinguido no 2021 con tres Flores de Honra no certame Vilas en Flor, así como á campaña de recollida de residuos urbanos especiais porta a porta, coa que o pasado ano se acadaron 22 toneladas de lixo.

Related posts

O Punto Rojo ponse en marcha en Baio con descontos, premios, moita actividade nas rúas e unha ruta de tapas

Rosa Otero recoñecida como Filla Adoptiva da Coruña

Aberto o prazo de inscrición no programa de voluntariado xuvenil da Laracha