Últimos días da exposición ‘Habitare’, de Cabanes Fontao, no Museo Man de Camelle

1 minutes read

A exposición ‘Habitare’, de Cabanes Fontao, afronta os seus últimos días no Museo Man de Camelle. A mostra pode visitarse aínda, ata o próximo sábado, 30 de setembro, no segundo andar do museo.

A exposición fai referencia á importancia de repensar os nosos actos, actuar en consecuencia, coidar o medio ambiente, a nosa casa, as plantas e os animais.

A autora explica que “camiña por diferentes lugares e recolle o material plástico que se atopa. Nas obras aborda os problemas que conleva este material, como o cambio climático, a contaminación da contorna natural e o seu coidado, incluído o acuático, extremadamente vulnerable”, conclúe.

Estás seguro de que quieres desbloquear este artículo?
Desbloquear izquierda : 0
Estás seguro de que quieres cancelar la suscripción?